O Concello de Málaga e a Federación Española de Municipios e Provincias organizan as Jornadas de Modernización e Calidad, nesta edición o IX JOMCAL desenvolveranse o día 10 e 11 de novembro.
Obxectivos:
- Posibilitar espazos de reflexión e debate sobre o presente e futuro das nosas administracións, as xornadas configúranse como seminarios de pensamento á procura das liñas de desenvolvemento das nosas administracións.
- Profundar en fórmulas de resultados efectivos e eficientes, de compromiso das nosas administracións cos seus usuarios, cidadanía e a propia sociedade.
- Impulsar as estratexias de innovación como instrumento de progreso, fomentando redes de innovación entre administracións, a colaboración e cooperación interadministrativas debe presidir os nosos proxectos de cambio.
- Potenciar o intercambio de boas prácticas e formatos de colaboración entre administracións, sacar partido ao moito xa logrado por outros.
- Favorecer encontros e relacións de interese entre administracións de todos os niveis e o sector privado relacionado.