accesskey_mod_content

Criterios de seguridade, normalización e conservación das aplicacións utilizadas no exercicio de potestades

  • Opinar
  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

A Resolución do 26 de maio de 2003, da Secretaría de Estado para a Administración Pública(Abre en nova xanela) , dispón a publicación do Acordo polo que se aproban os Criterios de seguridade, normalización e conservación das aplicacións utilizadas pola Administración Xeral do Estado (AGE) no exercicio de potestades (BOE 23-6-2003).

O Esquema Nacional de Seguridade, regulado polo Real Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro(Abre en nova xanela) , e o Esquema Nacional de Interoperabilidade, regulado polo Real Decreto 4/2010, do 8 de xaneiro(Abre en nova xanela) , sustituiran a estes Criterios de seguridade, normalización e conservación das aplicacións utilizadas pola Administración Xeral do Estado no exercicio das súas potestades.

Obxectivos

Os Criterios de seguridade, normalización e conservación (Criterios SNC) teñen como triplo obxectivo:

  • Proporcionar o conxunto de medidas organizativas e técnicas (seguridade, normalización, conservación) que garantan o cumprimento dos requisitos legais para a validez e eficacia dos procedementos administrativos da Administración Xeral do Estado, que utilicen os medios electrónicos, informáticos e telemáticos no exercicio das súas potestades.

  • Facilitar a adopción xeneralizada por parte da Administración Xeral do Estado de medidas organizativas e técnicas que aseguren a protección proporcionada aos riscos dos sistemas e aplicacións que a manexan.

  • Promover o máximo aproveitamento das tecnoloxías da información e as comunicacións na actividade administrativa e asegurar á vez o respecto das garantías e dereitos dos cidadáns nas súas relacións coa Administración.

Descrición da obra

Consta de tres partes:

  • CRITERIOS DE SEGURIDADE: Expón os requisitos, criterios, e recomendacións relativos á implantación das medidas de seguridade organizativas e técnicas no deseño, desenvolvemento, implantación e explotación das citadas aplicacións para exercicio de potestades.

  • CRITERIOS DE NORMALIZACIÓN: Expón as pautas para facilitar a compatibilidade técnica e a interoperabilidade das aplicacións.

  • CRITERIOS DE CONSERVACIÓN: Expón os requisitos, criterios e recomendacións para a conservación da información en soporte electrónico nas citadas aplicacións.

Publicación oficial

Promovida polo Consello Superior de Informática e para o Impulso da Administración Electrónica a última edición electrónica realízase en xuño de 2004. NIPO (publicación electrónica): 326-04-044-9.

O Ministerio de Administracións Públicas realizou tamén unha publicación oficial impresa en decembro de 2004, - NIPO (publicación impresa): 326-04-047-5  ISBN: 84-95912-23-6.

Es una obra que ha tenido un gran interés metodológico y de contenidos.

   Descargar publicación oficial ano 2004: Criterios de seguridade, normalización e conservación...(PDF - 6,41 MB)(Abre en nova xanela)