Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA)
O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia, OSIMGA, é un órgano asesor para a valoración da evolución da sociedade da información, a modernización administrativa e a administración electrónica nas administracións públicas de Galicia, e para a participación e colaboración con estas. Está adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta (AMTEGA)
Axenda Dixital de Galicia 2020
14 xuño 2016
Axenda Dixital de Galicia 2020 (en galego). Realiza, Xunta de Galicia. Edita, Xunta de Galicia, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Santiago de Compostela 2015 [publicado en xuño de 2016], 1 ficheiro pdf de 128 p.
-
NOTA: A Axenda Dixital de Galicia 2020 é unha estratexia coordinada e aliñada coas estratexias de ámbito nacional e europeo no que ao uso do TIC refírese, vén reafirmar a Estratexia Galega de Crecemento Dixital, introducindo aqueles elementos que permitirán maximizar o impacto das políticas tecnolóxicas, como un factor imprescindible e clave para alcanzar os obxectivos de crecemento económico e social que se marca Galicia para o futuro.
-
A Axenda Dixital de Galicia 2020 é un documento dinámico que se adaptará ao contexto territorial, organizativo e socioeconómico en cada momento. Actualizable en: AMTEGA - Axenda Dixital
- Servizos electrónicos
- Cidadán
- Cooperación interadministrativa
Plan de Administración e Goberno dixitais 2020
13 marzo 2015
Plan de Administración e Goberno Dixitais Horizonte 2020. Realiza, AMTEGA, marzo de 2015, 1 PDF de 89 p. impresas. [en galego]
- NOTA: O Plan de Administración e Goberno dixitais con horizonte 2020, consolidará as medidas emprendidas desde o 2010 para que, facendo un uso innovador da tecnoloxía, a Administración galega sexa capaz de reforzar e potenciar o modelo de funcionamento e prestación de servizos públicos.