A Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) foi o órgano encargado de conceder a AENOR Internacional dita acreditación.
Nestes momentos existen outro tres empresas en proceso de conseguir a dita acreditación, aínda que ENAC lembra que poden solicitalos todas aquelas entidades que o desexen e que cumpran co esquema de acreditación desenvolvido pola propia ENAC, en estreita colaboración co Ministerio de Facenda e Función Pública (MINHAFP) e o Centro Criptolóxico Nacional (CCN).
A comisión de acreditación de ENAC, na súa reunión celebrada o día 21 de abril, decidiu conceder a acreditación a AENOR Internacional S.A. como recoñecemento da competencia técnica para a certificación de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade, ENS.
Desta forma, AENOR convértese na primeira entidade que pode certificar a Conformidade dun organismo co ENS (aínda que ata novembro de 2017 todas aquelas organizacións que estean en proceso de conseguir a dita acreditación tamén son válidas para certificar a citada conformidade).
Unha Conformidade que, tal e como se recolle no Real Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro , e na Instrución Técnica de Seguridade de conformidade co ENS é de aplicación obrigatoria nos sistemas de información de categoría Media ou Alta e voluntaria no caso dos sistemas de información de categoría Básica.