Os Premios EPSA (Premios Europeos do Sector Público) organizados polo Instituto Europeo de Administracións Públicas (EIPA) convócanse cada dous anos e reúnen as iniciativas máis innovadoras e eficientes do sector público europeo. Convocouse a edición de 2015, baixo a lema "O Sector Público como socio para unha sociedade mellor" e o prazo de presentación de candidaturas atópase aberto ata o 17 de abril.
Baixo esta lema, os premios EPSA 2015 buscan galardoar aqueles casos promovidos desde o sector público europeo que adoptan un modelo de gobernación integrado e participativo para a provisión de servizos públicos, que incrementan a eficacia e a eficiencia no contexto do mantemento da cohesión social, que presentan enfoques innovadores de xestión pública e de liderado, así como as finanzas públicas saneadas ou a acción intelixente das administracións públicas para promover o crecemento económico.
Os cambios cara a formas máis colaborativas de traballo, o desenvolvemento de novos enfoques, desde o deseño ata a provisión dos servizos, tendo en conta as finanzas públicas sas e novos modelos de liderado, pódense atopar en moitas administracións e en todos os niveis administrativos. Os premios EPSA 2015 teñen como obxectivo premiar a excelencia nas administracións públicas e os innovadores públicos detrás dos casos que están a reflectir este "novo" rol na sociedade e que están a atopar solucións novas para a prestación de servizos públicos asegurando que a inclusión social sustenta as súas decisións.
Todos os niveis da administración pública poden participar. EPSA 2015 presentará os premios en dúas categorías diferentes en función do nivel da administración:
- Categoría 1: Proxectos / casos presentados polas organizacións de nivel europeo, nacional ou rexional
- Categoría 2: Proxectos / casos presentados polas organizacións desde o nivel supralocal ou local.
Ademais, un terceiro premio será entregado a un proxecto ou caso de éxito excepcional - seleccionado entre ambas as categorías - cunha perspectiva transversal significativa, por exemplo, transfronteirizo, interadministrativo, intersectorial, etc.
Ademais do tres premios antes mencionados, entregaranse certificados de mellores prácticas a un conxunto de proxectos que obtivesen as mellores clasificacións en cada categoría.