Coa publicación da Lei 18/2015, do 9 de xullo, pola que se modifica a Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público, cúmprese o mandato da Unión Europa de trasposición da nova Directiva 2013/37/UE polos estados membros antes do 18 de xullo de 2015. O novo texto persegue facilitar a creación de produtos e servizos de información baseados en documentos do sector público, garantir a eficacia no uso transfronteirizo de documentos do sector público por empresas privadas e cidadáns e promover a libre circulación de información e a comunicación, garantindo o respecto á seguridade xurídica, a protección dos datos persoais, así como a propiedade intelectual e industrial.
Os puntos máis destacados son:
- A obriga inequívoca para as Administracións e organismos do sector público de autorizar a reutilización dos documentos, coa excepción daqueles cuxo acceso estea restrinxido ou excluído en virtude do ordenamento xurídico nacional, ou dos que se sometan ás excepcións consideradas na Directiva. Ampliouse o ámbito de aplicación ás bibliotecas, incluídas as universitarias, os museos e os arquivos, dado o importante volume de recursos de información que posúen e os proxectos de dixitalización que veñen levando a cabo.
- Mellórase a regulación dos formatos a utilizar para a posta a disposición da información do sector público promovendo, sempre que sexa posible e adecuado, ofrecelos en formatos abertos e legibles por máquina xunto cos seus metadatos, polo que a Lei recolle as definicións de formato legible por máquina, formato aberto, así como a norma formal aberta que garante a interoperabilidade, entre outras.
- Incorpórase o principio de custos marxinais no cálculo do réxime de tarifas pola reutilización de documentos establecido na Directiva. Aínda que, contempla excepcións para superar ese limiar. Por unha banda, os arquivos, museos e bibliotecas, incluídas as universitarias e doutra banda, aqueles centros cuxos créditos orzamentarios dependan en parte da súa capacidade de xerar ingresos, situación na que se atopan algúns organismos oficiais cuxo principal activo é a información. Impúlsase un réxime de transparencia nas tarifas así como o uso dos medios electrónicos na publicación das mesmas, e estende a vía de recurso á tarifación.
- Se fomenta el uso de licencias abiertas, de tal forma que las licencias para la reutilización de la información del sector público planteen las mínimas restricciones posibles. Con el fin de fomentar la competencia se pretende evitar la suscripción de acuerdos exclusivos para la reutilización de documentos, la Ley incluye el régimen especial de acuerdos exclusivos por tiempo no superior a diez años, por regla general, que regula la Directiva para el caso de los recursos culturales, con el objetivo de atender a las peculiaridades de la digitalización de los recursos culturales en bibliotecas, museos y archivos para acelerar el acceso de los ciudadanos al patrimonio cultural.
Publicación no BOE (pdf)
Publicación no BOE (outros formatos)