accesskey_mod_content

Entra en funcionamento o portal de Transparencia

  • Opinar
  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia disponible únicamente con fines históricos y de hemeroteca. La información y enlaces mostrados se corresponden con los que estaban operativos a la fecha de su publicación. No se garantiza que continúen activos actualmente".

12 decembro 2014

O pasado día 10 de decembro, entrou en produción o Portal da Transparencia, cuxa plataforma tecnolóxica prové a Dirección de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (DTIC), do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, como solución común para toda a Administración Xeral do Estado que se implementa sobre a infraestrutura de sistemas e comunicacións da Rede Sara.

O proxecto, resultou tecnoloxicamente complexo, pola multiplicidade das fontes de información e a heteroxeneidade dos modelos de datos e dos esquemas de interoperabilidade acordados para nutrir a “publicidade activa” , que é aquela parte da información pública, que segundo o establecido pola Lei 19/2013, deberá porse a disposición dos cidadáns, no Portal da Transparencia, para a súa libre consulta e que se refire a contidos de información institucional, de relevancia xurídica ou económica, orzamentaria e estatística.

A partir da análise preliminar dos activos da información cualificada como “publicidade activa”, identificáronse diversas categorías en función da súa fonte e da forma en que será ofrecida ao Portal da Transparencia. Podendo ser Centralizada, provén dunha única orixe de información, Distribuida cando a información relativa a unha mesma materia provén de fontes múltiples, Mixta cando existen partes que proveñen de fontes centralizadas, e outras, distribuídas e Enlazada, cando non se captura no Portal da Transparencia, senón que desde alí, remítese a outro portal especializado, como pode ser o caso dos datos do Orzamento.

O deseño da solución global, está fortemente vinculado aos principios fundamentais do traballo colaborativo, a reutilización de compoñentes, a interoperabilidade e o aproveitamento dos beneficios derivados do software libre, cuxa defensa constitúe unha tradición nos traballos da Secretaría de Estado das Administracións Públicas.

Como elemento esencial en la solución tecnológica, podemos destacar el motor de búsqueda, que está desarrollado sobre Lucene, proyecto de Apache, el cual nos permite gestionar documentos de naturalidad muy variada, como documentos Word, pdf y cualquier tipo de dato del que se pueda extraer información. El software desarrollado, permite etiquetado de resultados, establecer relevancia para los elementos indexados, búsquedas geolocalizadas, búsquedas por proximidad de resultados…. Y todo esto con unos tiempos de respuesta espectaculares considerando la cantidad de información accesible.

Por outra banda o Portal da Transparencia, que nas primeiras 24h de existencia serviu máis dun millón de páxinas en 150.000 visitas, ofrece tamén un servizo electrónico aos cidadáns para que poidan exercer o seu dereito de acceso á información pública, que lle outorga a Lei, unha vez identificados e autenticados a través da plataforma Cl@ve, que se integrou no Portal da Transparencia.

  • Goberno aberto, Informes e Estudios
  • Cooperación interadministrativa