accesskey_mod_content

Tui participa nun proxecto pioneiro da administración electrónica en Galicia

  • Opinar
  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

07 novembro 2013

Colabora na creación do Arquivo Dixital - A iniciativa trata de evitar o uso de papel nos trámites da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

O Concello de Tui participa na creación do Arquivo Dixital de Galicia que deu os seus primeiros pasos coa reunión de lanzamento do proxecto ARPAD. O vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, xunto coa directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, asistiron á reunión onde se presentou este proxecto que ten como outros obxectivos a conservación e difusión do patrimonio documental conxunto, a habilitación de servizos dixitais e a eliminación do uso de papel nas relacións administrativas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Fonte orixinal da noticia(Abre en nova xanela)

  • Cooperación interadministrativa
  • Cidadán
  • Servizos electrónicos