accesskey_mod_content

Arranque do proxecto Cloud for Europe

  • Opinar
  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

04 xullo 2013

O Cloud Computing converteuse nunha tecnoloxía aceptada e amplamente utilizada tanto por organizacións públicas como privadas. O Proxecto CloudforEurope [1] aborda os obxectivos da Asociación Europea do Cloud Computing [2], e ofrece aos seus membros a oportunidade de determinar como adoptar a Estratexia Europea de Cloud Computing no Sector público [3].

O Proxecto CloudforEurope comezou e no transcurso de tres anos tratará de fortalecer a confianza en Europa para o uso das tecnoloxías de cloud computing. Para iso farase uso do mecanismo de contratación de “Compra Pública Precomercial” (PCP) como instrumento para a innovación da industria mellorando ao mesmo tempo a adopción do cloud computing no sector público. O proxecto está financiado pola Comisión Europea dentro do seu Programa Marco de Investigación e Innovación e que reúne a 24 socios de 11 países.

Prof. Radu Popescu-Zeletin, Director do Instituto Fraunhofer FOKUS [4], coordinador do proxecto sinalou durante a súa intervención o seguinte: "Fraunhofer FOKUS se enorgullece de ser o coordinador do proxecto desta importante iniciativa para construír un mercado confianza ao redor da paradigma do cloud computing. Cremos firmemente na necesidade de servizos en cloud que satisfagan as necesidades das administracións públicas de Europa.”

Neelie Kroes, Vicepresidenta da Comisión Europea, declarou o seguinte: " Se aproveitamos a oportunidade, o cloud computing podería dar á economía europea un impulso por valor de ata € 250 mil millóns ao ano. E os beneficios para o sector público son particularmente prometedores - ofrecer aos cidadáns mellores servizos, de maneira integrada e eficaz, con menor custo. Agrádame presentar a iniciativa de cloud computing en Europa, que pode impulsar o despegamento do mercado do cloud por parte do sector público.”

O proxecto CloudforEurope dará unha visión clara das necesidades do sector público e escenarios de uso do cloud computing. Co apoio de todos os sectores interesados, os principais obxectivos que o proxecto CloudforEurope proponse alcanzar son eliminar os obstáculos para a adopción do cloud e identificar conxuntamente as necesidades de diferentes organizacións públicas máis aló das fronteiras nacionais.

A contratación precomercial de servizos perseguirá o alcance deses requisitos aínda non determinados, e a concreción das medidas necesarias que deben ser adoptadas para a súa utilización por parte dos Gobernos. CloudforEurope tamén establecerá os termos contractuais adecuados e as condicións para as adquisicións futuras de nube. Os resultados do traballo e as leccións aprendidas serán publicados para a reutilización do instrumento para estimular a compra de servizos innovadores, PCP.

A Reunión de Lanzamento do proxecto CloudforEurope levará a cabo os días 14 e 15 de novembro en Berlín, Alemaña.

  • Cloud Computing