accesskey_mod_content

A aposta da Generalitat Valenciana polo software libre consegue un aforro de 3,8 millóns en 2012.

  • Opinar
  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

02 xaneiro 2013

O aforro total conseguido durante 2012 procede da distribución LliureX, que abarca o sistema operativo e aplicacións para o ámbito educativo valenciano.

A aposta da Generalitat polo software libre consegue un aforro de 3,8 millóns de euros en 2012, no marco da xestión centralizada das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) que vén realizando a conselleria de Facenda e Administración Pública.

O aforro total conseguido durante este ano procede da distribución LliureX, que abarca o sistema operativo e aplicacións para o ámbito educativo valenciano; a migración a software libre da ofimática no posto de traballo do empregado público, e do desenvolvemento de aplicacións de fontes abertas.

A Conselleria de Facenda e Administración Pública, a través da Dirección Xeral de Tecnoloxías da Información, está a promover a utilización de sistemas operativos, aplicacións e ferramentas de fontes abertas.

Máis información(Abre en nova xanela)