O alcalde, José Antonio Ruiz Almenara, informóde a creación do Libro de Resolucións Electrónico en substitución do tradicional Libro de Decretos, que ata agora se mantiña en formato papel. Ruiz Almenara subliñou que "a administración electrónica é elemento prioritario, e todos os expedientes administrativos estarán neste formato", nunha aposta "pola sustentabilidade e a axilidade".