accesskey_mod_content

O Goberno de Canarias crea unha sede electrónica para tramitar xestións de servizos sociais.

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

23 marzo 2012

A Consellería de Cultura, Deportes, Políticas Sociais e Vivenda do Goberno de Canarias publicou onte mércores a Orde pola que se crea e regula a sede electrónica e o rexistro electrónico da Consellería, que se sitúa no portal https://sede.gobcan.es/ccdpsv

O Goberno de Canarias crea unha sede electrónica para tramitar xestións de servizos sociais.

 

A sede electrónica constitúe un portal de atención ao usuario en Internet a través do cal cidadáns, empresas, asociacións e administracións poden realizar consultas e xestións que ata agora viñan realizando de forma presencial, evitando desta forma desprazamentos e colas de espera nas oficinas correspondente.

Máis información(Abre en nova xanela)

 

  • Cidadán