Durante o mes de Maio a información referente a España foi a máis consultada no Portal.
De todas as seccións do portal, a máis visitada foi a de traballo (34%) seguidas pola de educación (20%), viaxes (11%), residencia (10,5), compras (7%), saúde (7%), vehículos (6,5%) e familia (4%).
A túa Europa , o Portal oficial de información e asistencia da Unión Europea púxose en liña en español o pasado mes de Marzo.
No teu Europa atoparás toda a información que poidas necesitar para vivir, viaxar, estudar, traballar ou facer negocios noutros países da UE. O teu Europa ofrece información clara e actualizada sobre os teus dereitos europeos e unha multitude de exemplos baseados na vida real. O teu Europa tamén publica consellos e advertencias para axudarche a evitar problemas administrativos noutros países da UE.
O teu Europa contén información nas áreas de traballo, residencia, viaxes, educación, saúde, familia, vehículos e consumo podendo ser útil no ámbito persoal e profesional.
A través do teu Europa poderás tamén acceder a servizos de asistencia gratuítos que che asesorarán no teu caso concreto ou axudarán a buscar solucións se os teus dereitos europeos non son respectados noutros países da UE. A Comisión Europea e as autoridades nacionais proporcionan os contidos publicados no teu Europa.