O secretario de Estado director do Centro Nacional de Intelixencia e do Centro Criptolóxico Nacional, Félix Sanz Roldán, foi o encargado de recoller o XVI Premio da Revista SIC ao labor do Consello Nacional de Ciberseguridade . O galardón vén recoñecer publicamente o bo facer deste Consello, constituído no ano 2014, co obxectivo de coordinar as actuacións dos distintos ámbitos do Estado para facer fronte ás amenzas do ciberespazo.
A décimo sexta edición destes premios celebráronse no transcurso do XXX Congreso Global de Ciberseguridade, Seguridade da Información e Privacidad, Securmática, que reuniu en Madrid aos principais responsables do sector.