A Semana da Administración Aberta é unha iniciativa impulsada a nivel mundial por a Alianza para o Goberno Aberto (Open Gov Week), que en 2022 vaise a celebrar entre o 27 de xuño e 1 de xullo.
O seu obxectivo principal é achegar as Administracións Públicas á cidadanía, baseándose nos principios do Goberno Aberto: transparencia, rendición de contas, participación cidadá, integridade pública e colaboración.
No noso país, a Semana da Administración Aberta é coordinada e impulsada pola Dirección Xeral de Gobernación Pública, coa colaboración do Foro Aberto.
Este ano celébranse eventos de carácter virtual, semipresencial e presencial ao redor de:
- Procesos participativos (lanzamento de consultas ou outros procesos)
- Entrevistas
- Webinars / Seminarios
- Debates / Coloquios
- Presentación de publicacións, campañas de publicidade, contidos virtuais (sitio web, aplicacións, etc.)
- Concursos /
Hackathon - Xornadas de portas abertas, rutas guiadas
As actividades teñen lugar en todo o territorio español, a iniciativa tanto das distintas Administracións Públicas como da Sociedade civil e outros interesados.
O prazo máximo para a inscrición de eventos finaliza o 15 de xuño.
Información para os organizadores de actividades/eventos 2022: