Open Data Lab, de Iniciativa Barcelona Open Data, organiza este verán unha semana de formación sobre datos abertos co fin de aproximar esta materia a cidadáns e empresas. A cita terá lugar os próximos días 11, 12 e 13 de xullo en Citilab.
“Crear proxectos baseados en datos abertos” é o título da primeira xornada, que se enmarca dentro das actividades gratuítas con carácter periódico que ofrece a Escola Cidadá Open Data Lab. A charla “A economía dos datos” terá lugar o día 12 de xullo, na que Alberto Abella exporá o potencial dos datos para xerar actividade económica e como as empresas poden reutilizar os datos para crear novos produtos ou ben mellorar a súa competitividade. Xunto a esta charla, celebrarase tamén unha xornada divulgativa, enfocada a pequenas e medianas empresas.
O día 13 de xullo celebrarase unha Deconferencia, na que diversas persoas explicarán ferramentas e trucos para a análise e a visualización de datos.