III Congreso Internacional Cidadanía Dixital. Donosti-San Sebastián 8-9 maio 2012
San Sebastián convértese un ano máis en referencia mundial na análise do futuro da sociedade conectada en rede. Os próximos días 8 e 9 de maio celebrarase no Kursaal a terceira edición do Congreso Internacional Cidadanía Dixital baixo a lema 'Aprendendo a desaprender'. Unha cita á que asistirán máis de 60 relatores de primeira orde que compartirán as súas experiencias sobre como o aumento de cidadáns conectados a internet está a transformar ámbitos tan esenciais como a educación, a relación entre gobernantes e cidadanía ou a economía e a competitividade, entre outros.