accesskey_mod_content

Contexto

  • Opinar
  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

O Plan de Dixitalización das Administracións Públicas 2021-2025 é un dos elementos principais do “compoñente 11 – Modernización da Administración Públicas" do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia(Abre en nova xanela) .

O Plan de Dixitalización das Administracións Públicas prevé mobilizar un investimento público de, polo menos, 3.165 millóns de euros para o próximos tres anos, dos cales polo menos 970 millóns irán destinados especificamente ás comunidades autónomas e corporacións locais para o desenvolvemento de servizos públicos dixitais en todo o territorio.

O Plan de Dixitalización das Administracións Públicas nace co fin de alcanzar tres obxectivos:

  • Mellorar a accesibilidade dos servizos públicos aos cidadáns e empresas con todas as garantías para a protección dos datos persoais e das empresas.
  • Superar as fendas dixitais sociais e territoriais.
  • Impulsar a eficiencia das administracións públicas mediante a dixitalización de importantes ámbitos tractores como a Sanidade, a Xustiza, ou as políticas de Emprego, os servizos consulares ou a administración territorial en materia de inclusión. 

Os proxectos de alto impacto na dixitalización do Sector Público contarán cun investimento de 1.205 millóns de euros, repartidos nos diferentes ámbitos de actuación:

En materia de Sanidade, reforzarase a interoperabilidade para a xestión da información das distintas Comunidades Autónomas que permitan mellorar o servizo, aplicar intelixencia artificial á análise de datos e afrontar emerxencias sanitarias.

No ámbito xudicial, o Ministerio de Xustiza elaborou o Plan Xustiza 2030 para mellorar os servizos dixitais para cidadanía, empresas e colectivos e avanzar a unha xestión xudicial sustentable no tempo. 

En materia de Emprego melloraranse os sistemas de información que dan soporte ás prestacións por desemprego e ás políticas de activación para o emprego. Todo iso, coas adecuadas garantías para os dereitos da cidadanía e as empresas en materia de datos.

Unha Administración do século XXI

O Plan de Dixitalización das Administracións Públicas inclúe reformas e investimentos que permitirán mellorar tanto os procedementos administrativos como as competencias dixitais e os recursos dispoñibles.

O sector público das distintas administracións servirá como punto de apoio e panca das grandes transformacións que España require no ámbito dixital. Este programa apoiará, ademais, a transformación dixital das Administracións autonómicas e locais, de forma consistente ás directrices marcadas para a Administración Xeral do Estado neste período.

O Plan aumentará a eficiencia das Administracións Públicas, mediante o reforzo dos medios e servizos compartidos, xerando así unha serie de sinerxias e aforros de custos moi significativos que aseguren a sustentabilidade dos investimentos e proporcionen máis medios e instrumentos para a consecución dos obxectivos de resiliencia, cambio climático, medioambiente, transición dixital, saúde pública e cohesión territorial.      

Ademais, e en coherencia co Plan de Conectividade e Infraestructuras Digitales(Abre en nova xanela) , unha mellor conectividade dixital nos centros públicos favorecerá a mellor prestación dos novos servizos que recolle este Plan de Dixitalización das Administracións Públicas como, por exemplo, a telemedicina.

Plan de Dixitalización das Administracións Públicas 2021-2025 (PDF)

Plan for the Digitalisation of Spain's Public Administration: 2021-2025 (english version) (PDF)