O CCN-CERT , e máis en concreto o seu Equipo de Resposta ante Incidentes de Seguridade da Información, publicou unha nova versión da solución ANA (Automatización e Normalización de Auditorías), na que se inclúen novos módulos, funcionalidades e melloras, tanto para ANA Central como para ANA On-Premise.
Engadiuse un novo servizo (Automatización na Avaliación da Superficie de Exposición) que permite executar (a demanda ou configurando a súa periodicidade) unha serie de análise co obxectivo de avaliar a superficie de exposición dunha organización de forma recorrente. As análises que se poden automatizar nesta versión son os seguintes:
- Descubrimiento pasivo de dominios e subdominios (mediante ferramentas OSINT).
- Descubrimento non intrusivo de activos e portos (mediante NMAP) e vulnerabilidades asociadas aos mesmos.
Nesta nova versión de ANA, incorpóranse melloras no sistema de axuda en liña, visuais e de rendemento xeral da aplicación.