Esta edición recolle o Regulamento da Administración Electrónica aprobado por RD 203/2021 (REA), a ampliación do ENI (RD 4/2010), La LSEC (Lei dos Servizos de Confianza 6/2020) e retira a LFE (Lei de Firma electrónica 59/2003) e o RD 1671/2009 como cambios maiores. Entre os menores incorpora o teletrabajo, o vídeo presencia, os órganos colexiados telemáticos, referencias normativas dispersas debidas á pandemia e iniciativas europeas, por citar algunhas.
Trátase dunha recompilación de conceptos e termos que engloban o estritamente administrativo e a ‘transformación dixital ampliada’ incluíndo a que dá soporte á Administración de Xustiza, a sociedade da información, os contratos públicos, a factura electrónica, o servizo de información inmediata, a firma biométrica, os pagos en diferentes modalidades, a tele traballo e a tele presencia e ata procesos aínda non regulados como redes sociais, voto, obliteración de documentos, documentos suxeitos a condicións de lectura, etc. Ademais, inclúe todo o relevante de Transparencia e Bo Goberno, Protección de Datos, Reutilización de Información do Sector Público, Accesibilidade.
Potencia o aspecto analítico polo que se localiza o concepto pola súa expresión literal (dispositivo electrónico) ou as súas denominacións en linguaxe natural (teléfono móbil, ‘smartphone’, tableta ou cartón criptográfico ou chip) así como asuntos ‘ocultos’ na literalidad dos sintagmas (Obriga de relacionarse por medios electrónicos ao que se accede tamén por ‘colexiados’, empregados públicos’ ou ‘funcionarios’)
Recolle o amplo repertorio de normas que compoñen o Código da Administración Electrónica publicado polo BOE e algúns textos máis. En concreto, artigos de 12 directivas da UE, 17 regulamentos da UE, 47 leis (ordinarias, orgánicas, por RDLey ou RDLegislativo) e 47 Reales Decretos.
Este dicionario vai dirixido a un público amplo interesado na administración electrónica (AE) ou dixital como hora é denominada, sexa ou non experto na materia, con perfil tanto tecnólogo, de xestión ou xurídico e en calquera caso a todo aquel que necesita atopar algo preciso, descubrir os lindes dos conceptos, o que determinan os artigos das normas sobre o particular, así como coñecer outros detalles como termos técnicos, servizos postos a disposición, normativa técnica, e institucións con capacidade normativa ou de execución, en materia de administración electrónica.
Dicionario de conceptos e termos da administración electrónica
Dicionario de conceptos e termos da administración electrónica