A Comisión Europea ha lanzado a consulta pública para a revisión do Regulamento (UE) 910/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de xullo de 2014, relativo á identificación electrónica e os servizos de confianza para as transaccións electrónicas no mercado interior (Regulamento
Nesta revisión contémplase a posible creación dun esquema de Identidade Dixital Europea, en liña coas Conclusións do Consello , do 9 de xuño, sobre a comunicación da Comisión “Configurando o futuro dixital de Europa”. Nesas conclusións pídese á Comisión que revise a lexislación vixente e ínstaselle a que estude propostas para seguir desenvolvendo o actual marco de identificación e autenticación transfronteirizas, sobre a base do Regulamento
O obxectivo desta consulta é recoller comentarios sobre as barreiras e os factores que impulsan o desenvolvemento e a adopción de servizos de identidade electrónica en Europa e sobre o impacto das distintas opcións para conseguir unha identidade dixital europea. Pódese contribuír nesta consulta cubrindo o cuestionario dispoñible ata o próximo 2 de outubro.