O Portal da Administración Electrónica (PAe) lanza unha versión reducida en inglés co obxectivo de que os usuarios que acceden desde un contexto internacional teñan unha visión esquemática do mesmo e o que é máis importante do contexto e situación da administración electrónica en España.
Esta sección organizada e estruturada en inglés permite acceder a documentos traducidos ao inglés. Neste sentido, traducíronse as seccións e documentos máis significativos do PAe, para o contexto internacional. Así, atopamos unha cantidade importante de directrices técnicas, indicadores, notas técnicas, solucións reutilizables, etc. que serán de gran utilidade a quen desexe obter unha visión global -e rápida- da administración electrónica en España.
A estrutura da sección queda dividida nos apartados:
- Visón General
- Organización
- Marco Legal
- Estándares e Guías
- Produtos e Servizos
- Indicadores
Esta sección estará dispoñible no URL: