O Premio de Nacións Unidas ao Servizo Público (United Nations Public Service Awards, UNPSA) é o máis prestixioso recoñecemento internacional á excelencia no servizo público. Prémianse os logros creativos e as contribucións das institucións de servizo público que conducen a unha administración pública máis eficaz e sensible nos países de todo o mundo. A través dun concurso anual, os Premios das Nacións Unidas ao Servizo Público promoven o labor, a profesionalidade e a visibilidade do servizo público.
As Nacións Unidas ha iniciado o prazo para aceptar candidaturas para los Premios UNPSA 2017, plazo que estará abierto hasta el 28 de febrero de 2017.
En 2017, las candidaturas para los premios se dividen en tres categorías:
- Integración dos máis pobres e vulnerables a través de servizos inclusivos e de participación.
- Promoción da transparencia, a rendición de contas e a integridade no servizo público.
- Innovación e excelencia na prestación de servizos de saúde.
Os premios serán entregados o 23 de xuño de 2017, durante a celebración do Foro de Nacións Unidas sobre o Servizo Público, que terá lugar en Holanda. O 23 de xuño é o Día do Servizo Público das Nacións Unidas, cuxa finalidade é celebrar "o valor e a excelencia que o servizo público teñen para a sociedade; destacar a contribución dos servizos públicos no proceso de desenvolvemento; recoñecer o traballo dos funcionarios públicos, e estimular aos mozos a seguir carreiras no sector público". Desde a primeira entrega dos premios no 2003, Nacións Unidas recibiu un número crecente de nomeamentos de todo o mundo.