Coñecida a Directiva NIS , entrará en vigor en agosto de 2016 e os Estados membros terán 21 meses para traspola e 6 meses máis para identificar os operadores de servizos esenciais.
La Directiva NIS persigue producir un aumento del nivel general de ciberseguridad en la Unión Europea. Para tal fin:
- Establece obrigas para todos os Estados membros de adoptar unha estratexia nacional de seguridade das redes e sistemas de información;
- Crea un Grupo de cooperación para apoiar e facilitar a cooperación estratéxica e o intercambio de información entre os Estados membros e desenvolver a confianza e seguridade entre eles;
- Crea unha rede de equipos de resposta a incidentes de seguridade informática (en diante, «rede de CSIRT», polas súas siglas en inglés de «computer security incident response teams») co fin de contribuír ao desenvolvemento da confianza e seguridade entre os Estados membros e promover unha cooperación operativa rápida e eficaz;
- Establece requisitos en materia de seguridade e notificación para os operadores de servizos esenciais e para os provedores de servizos dixitais;
- Establece obrigas para que os Estados membros designen autoridades nacionais competentes, puntos de contacto únicos e CSIRT con funcións relacionadas coa seguridade das redes e sistemas de información.