accesskey_mod_content

AMTEGA aproba o Plan de Acción 2015 para consolidar a administración dixital en Galicia

  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

09 marzo 2015

O Plan de Acción 2015 da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), establece 41 programas operativos, dotados con 86 millóns de euros para consolidar unha administración intelixente e eficiente, avanzar cara a unha cidadanía dixital, integrar o TIC nos sectores económicos clave de Galicia, impulsar o sector TIC e estender redes ultrarrápidas na Comunidade.

O Plan foi aprobado o pasado 6 de Marzo no Consello da Axencia, presidido polo vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Durante a reunión do máximo órgano de AMTEGA, a súa directora, destacou o grao de cumprimento do Plan de 2014, que se situou no 86%.

Con respecto ás iniciativas previstas para 2015, a Directora de AMTEGA, destacou que este será o ano de aprobación da Nova Axenda Dixital de Galicia, a estratexia tecnolóxica da Comunidade para 2020. Subliñou que as medidas desenvolvidas no marco da primeira Axenda Dixital, 2014.gal, permiten a Galicia facer fronte aos retos establecidos por Europa para o próximos cinco anos.

No ámbito da modernización da administración pública indícase que en 2015 aprobarase o II Plan de Administración e Goberno electrónico, que permitirá consolidar os avances conseguidos no últimos catro anos no campo da eAdministación e afrontar novos retos. Entre outras medidas, este ano está prevista a entrada en funcionamento do Arquivo Dixital Integrado da Xunta; incrementar ata 900 os trámites en liña dispoñibles na sede electrónica da Xunta; ampliar os servizos do nodo de interoperabilidade; conseguir os 15.000 empregados públicos con firma dixital; e a posta en marcha do sistema Chave 366, que permitirá a tramitación en liña a través de contrasinais seguros e sen necesidade de certificados dixitais

No campo da Xustiza, aprobarase o novo Plan Senda 2020 e porase en marcha a sede electrónica xudicial, accesible desde o portal eXustiza(Abre en nova xanela) , e que nunha primeira fase permitirá a presentación escritos de trámite sobre procesos monitorios e a posibilidade de achegar a documentación que se considere.

O Plan tamén inclúe programas dirixidos a avanzar cara a unha cidadanía dixital, integrar o TIC nos sectores económicos clave de Galicia, impulsar o sector TIC e estender redes ultrarrápidas na Comunidade.

Fonte orixinal da noticia(Abre en nova xanela)

  • Servizos electrónicos
  • Cidadán
  • Cooperación interadministrativa