accesskey_mod_content

Asinado protocolo para a Promoción e Fomento da Utilización da plataforma Emprende en 3 (EE3) en Galicia

  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

26 xuño 2015

Coa sinatura deste protocolo impulsar a axilización de trámites e a simplificación administrativa como vías de impuxo da actividade económica de acordo ao previsto na Lei 12/2012 de medidas urxentes de liberalización do comercio e determinados servizos, A Lei 14/2013 de apoio a emprendedores e a Lei 20/2013 de garantía da unidade de mercado e a Lei 9/2013 de emprendimiento e da competitividade económica de Galicia.

El pasado 16 de junio de 2015 se ha firmado el protocolo general entre el Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas, la Xunta de Galicia, La FEMP y la Federación Gallega de Municipios y Provincias para la Promoción y Fomento de la Utilización de la plataforma Emprende en 3 (EE3)

O protocolo asinado afianza a colaboración e o compromiso dos Ministerios de Facenda e Administracións Públicas, Economía e Competitividade, a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, A Federación Española de Municipios e Provincias e a Federación Galega de Municipios e Provincias no impulso de facilitar a creación de empresas mediante a supresión das licenzas de ámbito municipal vinculadas cos establecementos comerciais, as súas instalacións e obras que serán sustituídas por Declaracións responsables ou ben por comunicacións previas que conteñan a manifestación explícita do cumprimento dos requisitos esixibles de acordo á normativa vixente.

Cada parte asinante realizará as actuacións que lles correspondan no ámbito das súas competencias para fomentar, promover e potenciar entre os municipios e os emprendedores a plataforma Emprende en 3, para reducir as cargas administrativas derivadas da creación e posta en funcionamento de negocios, estimulando así o tecido empresarial en Galicia e polo tanto no noso país.

Toda a información sobre Emprende en 3 tanto para os emprendedores como para as administracións pódese atopar en http://www.seap.minhap.gob.es/es/web/servicios/emprende_en_3.html http://www.seap.minhap.gob.es/es/web/servicios/emprende_en_3.html(Abre en nova xanela)

  • Cooperación interadministrativa