O actual Plan europeo de Administración electrónica Plan 2011-2015 está baseado na Declaración Ministerial de Malmö de 2009. Agora necesítase un novo Plan de Acción de Administración Electrónica (eGovernment Action Plan) para o período 2016-2020 que poida completar a Estratexia de Mercado Único Dixital Europea.
Por iso, a Comisión quere identificar iniciativas que sexan necesarias para modernizar as administracións públicas, conseguir a interoperabilidade dos servizos públicos electrónicos entre os diferentes estados membros e facilitar unha interacción máis fácil cos cidadáns.
Neste contexto, a Comisión Europea ha aberto unha consulta pública sobre o futuro novo Plan de acción na cal poden participar todos os actores interesados como cidadáns, empresas, organizacións privadas, administracións públicas nacionais, rexionais e locais, organizacións científicas ou de investigación, etc.
Dita consulta, estará aberta do 30 de Outubro de 2015 ao 22 de Xaneiro de 2016:
Acceso ao envío de propostas na consulta pública
Máis información sobre a consulta pública