O texto introduce unha serie de medidas para regular o impulso e desenvolvemento dos servizos electrónicos na relación da Administración cos cidadáns e aproveitar as vantaxes dos Tics para simplificar trámites administrativos.
Presta especial atención a potenciar e facilitar o uso dos servizos electrónicos que inflúen na relación da Administración cos cidadáns e a deseñar e desenvolver aplicacións e procedementos que faciliten o uso dos medios electrónicos con outras Administracións Públicas, para que exista interoperabilidade entre os distintos sistemas e favoreza a reutilización por outras administracións e entidades.