Os boletíns do Observatorio de Administración Electrónica (OBSAE) levan desde o ano 2011 difundindo trimestralmente os principais indicadores da Administración Electrónica en España. Os indicadores presentados son unha recompilación dalgúns elaborados por terceiros e outros obtidos polo propio Observatorio.
Atópase dispoñible a nova versión deste boletín actualizada cos datos ata finais de maio de 2014. O boletín ofrécese en diferentes formatos: os tradicionais PDFs en castelán e en inglés, e ademais os formatos procesables XLSX e ODS que forman parte da nosa política RISP e que se atopan dispoñibles desde o portal datos.gob.es
Por último, convidámosvos a enviarnos as vosas suxestións e participar na discusión sobre: Como vos gustaría que evolucionase o Boletín do OBSAE? a través dos nosos foros de participación. Só necesitas ser un usuario rexistrado do PAe para poder participar.
Descarga do Boletín de Indicadores de Administración Electrónica do OBSAE