Neste informe ENISA analiza os Estados membros coas súas correspondentes infraestruturas de cloud gobernamentais e pon de manifesto a diversidade na adopción do cloud computing no sector público en Europa. A través deste documento ENISA ten como obxectivo axudar aos Estados membros na elaboración dunha estratexia nacional na implantación do cloud computing para entender as barreiras actuais. Ademais, propón solucións para superar esas barreiras e para compartir as mellores prácticas que permitan establecer un conxunto común de requisitos para todos os Estados membros.
Os primeiros países en despregar solucións de cloud no sector público son: o Reino Unido, España e Francia. Todos eles publicaron unha estratexia de Cloud e detallaron medidas concretas de aplicación. Ademais, cada vez hai unha maior conciencia do impacto positivo que pode xerar o cloud na economía, polo que a nivel nacional os Gobernos están a levar a cabo investimentos en iniciativas e actividades tanto para PEMES como organismos públicos cunhas formulacións moi prácticas.
Un exemplo de servizo público en modo cloud da Administración española é o servizo de factura electrónica. Trátase dun servizo de cloud SaaS (Software as a Service) ofrecido desde da rede SARA. A conversión de SARA na plataforma desde a que ofrecer servizos cloud para o sector público iniciouse en 2012.
Fonte orixinal da noticia (en inglés)