A facturación electrónica é un paso importante cara a unha administración pública sen papel (administración electrónica) en Europa, unha das prioridades da Axenda Dixital, e ofrece un gran potencial de beneficios económicos e ambiental. A Comisión considera que o uso da facturación electrónica na contratación pública en toda a UE podería xerar un aforro de ata 2 300 millóns de euros.
O comisario de Mercado Interior e Servizos, Michel Barnier, declarou: «Velar por que as administracións públicas da UE sexan modernas e eficaces é unha prioridade da Comisión Europea. O paso á contratación electrónica e, en particular, á facturación electrónica, pode reportar aforros significativos e facilitar a vida aos Gobernos e aos miles de empresas activas no mercado interior. Abandonar o papel e pasar a unha facturación totalmente automatizada pode reducir os custos de recibir unha factura de entre 50 e 30 euros a 1 euro. Trátase dun aforro apreciable e útil na actual conxuntura económica. Na súa calidade de principal sector xerador de gasto na UE, o sector público debería desempeñar un papel de primeira orde no fomento da súa adopción».
0 Comentarios
Non hai comentarios