A Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vén de pór en marcha unha plataforma web para mellorar a capacitación dos profesionais da Administración de Xustiza nas aplicacións informáticas do campo xudicial.
Trátase da Comunidade Virtual de Aprendizaxe, un espazo accesible a través da intranet de Xustiza, concibido como punto de encontro para resolución de dúbidas, a ampliación de coñecemento e o acceso sinxelo a toda información dos cursos e os materiais didácticos das aplicacións informáticas da Xustiza.