O novo proxecto e-SENS (Electronic Simple European Networked Services) contribuirá ao desenvolvemento de servizos públicos dixitais que faciliten ás empresas a realización de negocios no seu propio Estado membro e noutros países da UE, en particular a creación de empresas, o cumprimento de requisitos legais e a participación en licitacións públicas. Ademais, establecerá conexións entre servizos dixitais nacionais para os cidadáns que visitan diferentes Estados membros para pasar as vacacións ou para traballar ou estudar.
A Comisión anuncia unha contribución de 13,7 millóns de euros a favor dos servizos públicos dixitais transfronteirizos
"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".
16 agosto 2013
Tras a frutífera colaboración entre os Estados membros da UE, a industria, as administracións nacionais, as universidades, o sector privado e as comunidades locais ao redor dunha serie de proxectos dirixidos a facilitar a vida cotiá, o traballo, as viaxes, os estudos e os negocios a través das fronteiras, a Comisión Europea vai investir 13,7 millóns de euros para seguir desenvolvendo os servizos públicos dixitais transfronteirizos.
- Servizos electrónicos
- Cooperación interadministrativa
0 Comentarios
Non hai comentarios