Segundo indicou a edil, “a implantación da Administración Electrónica será moi interesante para os cidadáns e as empresas provedoras, xa que poderán realizar trámites telemáticos durante as 24 horas do día sen ter que desprazarse ata o Concello. Será unha nova contorna de relación con cidadáns e empresas”.
Para iso, habilitarase un Cartafol Cidadán, onde o cidadán que solicite o alta poderá consultar recibos e expedientes expedir cartas de pago, autoliquidar as taxas de diferentes escolas municipais, xestionar queixas e suxestións ou aboar taxas de vodas e vaos, entre outros trámites.
Tamén haberá un Cartafol do Provedor a disposición das empresas que o soliciten onde poderán consultar facturas, fianzas e avais, xestionar solicitudes sobre documentación ou contas bancarias e solicitar documentos diversos.