O Goberno pide ao sector TIC e ás cidadáns achegas para elaborar a Axenda Dixital para España.
Esta axenda será a folla de ruta do Executivo en materia de telecomunicacións, sociedade da información e administración electrónica para esta lexislatura.
O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas pediron a colaboración do sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e dos cidadáns para elaborar a Axenda Dixital Española, que será a folla de ruta do Goberno en materia de telecomunicacións, sociedade da información e administración electrónica para esta lexislatura.
Esta colaboración articularase a través dunha enquisa dixital baseada no seis obxectivos da Axenda Dixital e poderanse facer achegas a un ou varios dos puntos estratéxicos. Para participar na enquisa tense que enviar unha solicitude á dirección de correo electrónico adpe@minetur.es. O prazo de recepción de contribucións finaliza o 31 de maio de 2012.