accesskey_mod_content

Cancelación de Tecnimap 2012.

  • Opinar
  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

Tecnimap 14 xuño 2012

A la vista de las condiciones económicas y presupuestarias, teniendo en cuenta los costes de la celebración del evento, se ha decidido posponer la celebración de la XII edición de Tecnimap, que se realizará cuando las circunstancias permitan la celebración de este encuentro, con garantías de éxito, retorno de inversión y servicio productivo a la ciudadanía.

En relación coa celebración das Xornadas sobre Tecnoloxías da Información para a Modernización das Administracións Públicas (TECNIMAP)-2012, emítese o seguinte comunicado.

Conscientes de que as Xornadas TECNIMAP son un foro de referencia do sector público na área das tecnoloxías da información e as comunicacións que serve de maneira eficaz como encontro entre os técnicos e xestores do sector público e privado, expúxose a primeiros de ano a oportunidade de realizar a XII edición.

Como vén sendo tradicional, a celebración levaría a cabo en colaboración co Goberno da Comunidade autónoma anfitrioa, que nesta ocasión resultaba ser a Comunidade Autónoma Vasca.

Á vista das condicións económicas e orzamentarias, tendo en conta os custos da celebración do evento, decidiuse pospor a celebración da XII edición de Tecnimap, que se realizará cando as circunstancias permitan a celebración deste encontro, con garantías de éxito, retorno de investimento e servizo produtivo á cidadanía.

Non obstante o anterior, recálcase o valor excepcional do foro e o seu posicionamento estratéxico como lugar de intercambio de experiencias, solucións, boas prácticas e avances no TIC’s entre profesionais do sector privado e Administracións Públicas.

A Dirección Xeral de Modernización Administrativa, Procedementos e Impulso da Administración Electrónica, agradece moi especialmente a dispoñibilidade dos representantes do Goberno Vasco e a comprensión de todos ante esta difícil decisión, e seguirá traballando parar consolidar os avances na modernización das administracións.

Moitas grazas

  • Tecnimap

0 Comentarios

Non hai comentarios