En rolda de prensa, Calvo estivo acompañado polo alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia, por ser o primeiro concello en pór en marcha este sistema, cuxo custo para a entidade provincial ascende a 177.000 euros, mentres que supón un desembolso de "cero euros" para as 47 entidades adheridas. O total de prazas é de 70, polo que Calvo espera que continúen as adhesións.
Os trámites realizaranse de forma telemática e permitirán, por exemplo, consultar o estado dun trámite, obter un volante de empadroamento ou consultar un expediente. Para iso, necesitarase o DNI electrónico ou un certificado electrónico.
0 Comentarios
Non hai comentarios