O recentemente inaugurado portal Open Data da Xunta ocupa a quinta posición a nivel estatal en volume de contidos.
Abert@s, que se puxo en marcha en marzo, é a novena iniciativa deste tipo en España pero supera a outros portais autonómicos cun catálogo inicial de 250 documentos en formatos abertos
Proporciona materia prima para o sector de contidos dixitais e abre novas oportunidades de negocio para emprendedores que poden crear aplicacións e prestacións sobre a base desta información.