O Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes publicou unha nova versión da aplicación móbil LexNET, denominada APPLexNET, para facilitar, axilizar e facer máis accesible o manexo da mesma por parte dos seus usuarios.
LexNET é un dos grandes sistemas de información de España. No ano 2023 xestionou de maneira completamente electrónica 90.765.622 notificacións, 3.828.265 escritos iniciadores e 16.424.765 escritos de trámite.
Para mellorar a xestión destas comunicacións, a APPLexNET permite aos profesionais do ámbito xurídico visualizar as notificacións e os traslados de copias pendentes de descarga, consultar o estado dos escritos e revisar os avisos publicados en LexNET. Estas funcións supoñen unha práctica mellorada e máis personalizada de LexNET para os usuarios máis asiduos, que son os avogados, os procuradores e os graduados sociais.
O redeseño da aplicación foi un dos retos de innovación expostos a través do Centro Europeo de Empresas e Innovación do Principado de Asturias (CEEI Asturias). Con el, a Administración e as contratacións ábrense a todo tipo de empresas, facilitando que estas poidan realizar melloras en grandes proxectos de país, beneficiando ao tecido produtivo en todo o territorio, impulsando o mundo emprendedor e, sobre todo, mellorando o servizo ao ofrecer unha experiencia de uso máis simple e intuitiva.
A nova versión de APPLexNET xa está dispoñible en Google Google Play e App Store .