accesskey_mod_content

Eventos

  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

Demo Day da European Blockhain Services Infraestructure (EBSI)

  • En liña
  • 31 maio 2022
  • 09:00h - 17:00h

O próximo  31 de maio celébrase o EBSI Demo Day , un evento para celebrar o fito alcanzado pola European Blockchain Partnership (EBP) e a Comisión Europea coa iniciativa European Blockchain Services Infrastructure (EBSI), presentando proxectos piloto exitosos do programa Early Adopters, onde a cidadanía poderá coñecer como EBSI a yuda aos cidadáns a estudar, atopar traballo e comezar unha nova vida no estranxeiro. 

Acerca da Infraestrutura Europea de Servizos Blockchain (EBSI)

Dirixida por (EBP) European Blockchain Partnership e a Comisión Europea (CE), EBSI é unha infraestrutura que permite aos cidadáns comezar a beneficiarse da cadea de bloques acelerando os servizos transfronteirizos para a cidadanía e as administracións públicas da Unión Europea. Dous anos despois da súa creación, poderemos ver os resultados dos proxectos piloto de EBSI utilizando datos reais en tempo real.

Cando se lanzou en 2018, 29 países (todos os Estados membros da UE, Noruega e Liechtenstein, que forman a Asociación Europea de Blockchain) e a Comisión Europea (DX DIGIT e DX CONNECT) apoiárono, xa que a misión de EBSI é facilitar a creación de redes cruzadas, servizos fronteirizos e pór blockchain ao servizo das administracións públicas co fin de verificar a información, facendo que os servizos sexan fiables. EBSI é a primeira infraestrutura blockchain en toda a UE impulsada polo sector público que como tal, respecta os valores e regulacións europeos.

Achega do Día de Demostración de EBSI

O día do evento a Comisión Europea e os membros da Asociación Europea de Blockchain presentarán os usos e as capacidades da ferramenta, destacando como se poden aproveitar as credenciais verificables (usando o estándares W3C) para dar ao cidadáns control sobre a súa identidade e os seus datos de forma fiable.

Na actualidade, o desafío xa non é como compartir datos a través de Internet, senón como facelo de maneira que os cidadáns poidan controlalos e que o proceso de verificación sexa fiable.

Durante o evento, os Early Adopters de EBSI presentarán as súas 6 demostracións, cada unha das cales representará un grupo de países europeos (máis de 12 países estarán representados). Demostrarán o intercambio de credenciais dixitais específicas a través das fronteiras europeas utilizando billeteiras dixitais que pasaron as Probas de Conformidade de Billeteira de EBSI (EBSI’s Wallet Conformance Testing)

O Demo Day de EBSI terminará cun panel de discusión sobre o papel que debe desempeñar o sector público no panorama da información descentralizada, o que permitirá aos participantes obter máis información sobre as nosas actividades piloto e como unirse ao proxecto EBSI.

Obteña máis información sobre EBSI neste sitio web(Abre en nova xanela) e se ten algunha pregunta sobre o evento ou problemas para rexistrarse, comuníquese con EU-Ebsi@ec.europa.eu EU-Ebsi@ec.europa.eu(Abre en nova xanela)

Fonte orixinal do evento(Abre en nova xanela)

Rexistro(Abre en nova xanela)