O Congreso anual de Mulleres no sector público trata de ser unha zona de encontro e reflexión de todas, pondo de relevo o valor das mulleres na administración pública. Este ano porase o foco na tecnoloxía, como irrompeu nos nosos traballos e as nosas vidas para quedar. As mulleres do sector público teñen moito que dicir e compartir sobre o proceso de dixitalización da Administración, os seus avances, a ciberseguridade e os delitos dixitais, o teletrabajo e o TIC; tamén se abordarán as redes de mulleres e presentarase en primicia o Mentoring de Mulleres no Sector Público.
Ademais, o congreso finalizará con unha visita guiada teatralizada “Emilia Pardo Bazán y su vida en Madrid. Sus pasos en el Camino de Santiago" polas rúas de Madrid que durará dúas horas, desde o Ministerio de Xustiza ata o Palacio de Liria.