Organizado polo Ministerio de Xustiza e a CEOE, coa colaboración do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, terá lugar os días 20 e 21 de abril.
Trátase do primeiro encontro neste ámbito con participación pública e privada, en liña co principio de cogobernanza que inspira o proxecto Xustiza 2030, e que ten como obxectivo potenciar o papel da Xustiza na transformación dixital do país.
O foro traballará en tres liñas de actuación:
- Reforzar a seguridade xurídica dixital: intercambiando información entre o sector público e privado
- Mellorar a eficacia e eficiencia dos procesos xudiciais. Escoitando á cidadanía, empresas e profesionais
- Traballar no investimento directo no ámbito das tecnoloxías da información e comunicacións.
A solicitude de participación nos distintos grupos de traballo que se desenvolverán durante o foro pode realizarse a través da páxina web do Ministerio de Xustiza .
Tríptico Foro Transformación Digital
Agenda Foro Trasnformación Digital
Presentación do Foro Transformación Dixital