O Congreso admite a presentación de comunicacións nas 4 áreas temáticas nas que se distribúen as súas mesas de traballo, aínda que tamén se poderán admitir comunicacións de temática libre sempre que teñan encaixe no estudo e a investigación dos datos abertos e a reutilización da información do sector público, con especial interese na análise da Directiva (UE) 2019/1024 do Parlamento Europeo e do Consello, do 20 de xuño de 2019, relativa aos datos abertos e a reutilización da información do sector público e as súas consecuencias xurídicas.
As 4 mesas de traballo do Congreso son as seguintes:
- Datos abertos no Turismo
- Contratación e valor económico dos datos
- Datos abertos e Medio Ambiente
- Derecho Comparado. Datos abertos e RISP no contexto da UE
Período de preinscrición ata o día 20 de Setembro de 2021 a as 23:59 horas a través do Formulario de preinscrición. A matrícula é gratuíta, limitada ao aforo da sala (tanto presencial como en liña).
Programa e fonte orixinal da noticia