O día dos datos abertos é unha celebración anual dos datos abertos ao redor do mundo. Por décima vez na historia, grupos de todo o mundo crearán eventos locais que utilizarán datos abertos nas súas comunidades para crear aplicacións, visualizacións, liberar datos ou publicar análises.
O evento está aberto a todos, desde servidores públicos que poden axudar a mellorar os datos do goberno, ata desenvolvedores que poden desenvolver as solucións para abordar os problemas máis urxentes da sociedade. Todos os traballos realizados son abertos para usarse e re-usarse.
A edición 2021 céntrase en catro temas:
- Datos ambientais;
- Seguimento dos fluxos de diñeiro público;
- Mapeo aberto; e
- Datos para un desenvolvemento igualitario
É posible unirse ao evento para conectarse con comunidades de todo o mundo (grazas ao seu mapa interactivo de actividades ) e inspirar a gobiernos, empresas e individuos a utilizar y reutilizar los datos abiertos!
E se se está interesado en organizar un evento, pódese solicitar -ata o fin do prazo establecido- apoio a través do esquema de mini-subvencións do Open Data Day 2021 .