A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) celebrará un evento no que se analizarán os temas máis destacados relacionados con este dereito fundamental no último ano.
A AEPD convida os representantes de institucións, empresarios, profesionais da protección de datos e cidadáns interesados na materia a acudir a esta sesión pública, aberta, gratuíta e de carácter esencialmente práctico que tamén será retransmitida en streaming desde a web da Axencia.
- 1ª parte: retos aos que se enfronta este dereito fundamental
- 2ª parte: novidades en materia de protección de datos persoais acaecidas durante o último ano
- 3ª parte: novidades do recentemente aprobado Regulamento Europeo de Protección de Datos e a súa repercusión na lexislación
A inscricpión para asistir presencialmente á Sesión xa se pechou ao completarse o aforo. No entanto, o evento poderá seguirse vía streaming a través da web da AEPD.