O Concello está a organizar as Xornadas de Innovación en Xestión Pública que se celebrarán os próximos 11 e 12 de setembro baixo a lema "O proceso de transformación para a Administración do Século XXI".
Estas xornadas, dirixidas preferentemente a Habilitados Nacionais, a corpos de xestión dos grupos A1 e A2 e profesorado e estudantes do Grao de Xestión e Administración Pública, nacen como punto de encontro de profesionais do sector público para a análise dos temas de actualidade relacionados coa administración electrónica.
Acceso á inscrición