Ofrecerase unha visión das propias administracións públicas que actualmente lideran as iniciativas punteiras no sector pública e das empresas que prestan os servizos e ofrecen as tecnoloxías que soportan estas iniciativas, contando tamén con talleres prácticos que axudarán aos interesados a comprender as vantaxes destes modelos e a adquirir os coñecementos necesarios para iniciar despregamentos con baixo risco e esforzo limitado.
O evento constituirá un foro de encontro de técnicos e persoas interesadas no que establecer comunidades de desenvolvemento, encontros comerciais e en xeral contactos profesionais.