Situación de partida e orixe da iniciativa
No ano 2006, a Generalitat de Catalunya (GC) determinou unha estratexia de posta en marcha de solucións tecnolóxicas corporativas de administración electrónica. Desta iniciativa naceron unha serie de proxectos que, aínda que cumpren obxectivos diferentes, son complementarios e executáronse cun sentido estratéxico de coherencia entre eles: a Plataforma de Integración e Colaboración Administrativa – PICA, a Plataforma de Relación co Cidadán (GSIT), a Plataforma de tramitación en liña (PICA-GSIT conxuntamente), a Plataforma de arquivo electrónico (SIGEDA), etc.
Obxectivos
- Proporcionar aos cidadáns e empresas acceso multicanle e inmediato a diferentes servizos de relación coa administración.
- Facilitar unha visión agregada e actualizada do estado das interaccións de cidadáns e empresas coa administración, independentemente da canle polo que se orixinaron.
- Outorgar a cidadáns e empresas a capacidade de definir as canles de aviso para ser notificados acerca de cambios e acontecementos nas súas xestións.
- Ofrecer a cidadáns e empresas a posibilidade de xestionar os datos persoais que queren que a administración utilice para contactar con eles.
Principais dificultades e aspectos crave para a implantación
- A cualificación dos equipos técnicos involucrados, tanto internos como externos.
- A coordinación da xestión do proxecto con diversos actores implicados e baseado en solucións modulares.
- A calidade e coidado na súa execución foi clave para non sufrir unha posta en marcha traumática.
- O grao de madurez dalgunha das solucións tecnolóxicas utilizadas como a tecnoloxía Adobe de formularios intelixentes.
- A coordinación de dependencias polo alto nivel de modularidad da solución.