O sistema Ateneo componse de varios módulos que se executan independentemente e que se instalan nos diferentes postos de traballo implicados na asistencia ao cliente, conectados mediante unha rede corporativa.
Módulo Servidor
É o módulo principal, que coordina e controla ao resto. Xestiona a base de datos que dá soporte ao sistema. A configuración da instalación realízase desde o equipo onde estea instalado este módulo.
Módulo Xestor
Módulo de acceso ao servizo mediante a emisión de billetes e xestión da relación de citas. Dispón das funcionalidades necesarias para a xestión dos clientes e resolución de incidencias na atención ao cliente.
Módulo Autoservizo
Módulo de acceso ao servizo mediante a emisión desatendida de billetes, de forma que o propio cliente elixe o servizo e identifícase no seu caso.
Módulo Administrador
Módulo de configuración e control do estado do servizo, onde se visualizan os billetes atendidos e pendentes de cada cola, estado dos operadores e onde se poderán introducir modificacións na xestión do servizo en tempo real.
Módulo Monitor
Módulo para a emisión de avisos por pantalla e altofalantes.
Módulo Operador
Módulo de captura de eventos (libre, inicio, fin, etc.) e información ao operador.