O Proxecto de Alfabetización Dixital consistiu na posta en marcha dunha rede de centros públicos gratuítos para a formación e o uso dos Tics en todos os municipios de Euskadi.
A este respecto, hoxe en día, a rede Kzgunea supera os 365.000 usuarios rexistrados, dos cales, máis de 130.000, formáronse por primeira vez en Internet; a maioría mulleres, persoal desempregado e persoas maiores, sectores sociais que se atopan máis afastados das novas tecnoloxías.
Desde o punto de vista funcional, o Proxecto pretendía a redución da fenda dixital entre os colectivos de cidadáns con maior dificultade de acceso ás Novas Tecnoloxías, o cal, á vista dos datos obtidos, logrouse. Aínda se dita brecha foi reducida, non foi eliminada polo que se continua o labor mediante “Kzgunea II Xeración”.
Desde o punto de vista organizativo, para levar a cabo un proxecto de tal alcance e pór en funcionamento os centros Kzgunea, fixo falta:
- Persoal: centro de xestión, persoal xestor (titores) e persoal formado (monitores).
- Equipamento: hardware, software, rede, local municipal, portais e campañas de captación.
- Servizos de certificación IZENPE.
Desde o punto de vista operativo, as características esenciais para o desenvolvemento do proxecto foron: a confianza no servizo dos 277 centros, certificada na norma UNE 93200:2008 de AENOR, a garantida seguridade certificada na norma UNE 9001:2000 de AENOR , a accesibilidade e usabilidade impulsada mediante a “Rede de Centros Kzgunea", a inclusión no 100% de municipios vascos e a notable participación cidadá por medio da crítica construtiva. Así mesmo, houbo certos instrumentos e compoñentes de vital importancia que propulsaron o desenvolvemento do proxecto, como o portal Kzgunea ( www.kzgunea.net ), o cal resultou determinante para ofrecer acceso cidadán a toda a información relacionada aos servizos ofrecidos, e engadido a isto, a esencia multicanle e o multilingüismo de face aos servizos de Administración Electrónica ofertados.